Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B1 B3 C6 Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas TITORÍAS EN GRUPOS REDUCIDOS.

O resultado da actividade, así como a discusión e participación activa en clase, valoraranse na nota final.

A cualificación deste apartado só se sumará á obtida nas outras probas cando a materia estea superada.
10
Prácticas de laboratorio A4 B1 B3 C3 C6 Realización obrigatoria segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Farase un seguimento periódico do desenvolvemento das prácticas ao longo do curso que influirá na nota das mesmas.

É necesario presentar todas as prácticas e obter unha nota mínima global de 4,5 sobre 10 para superar a materia.

O traballo entregado deberá ser orixinal do/a alumno/a. De acordo ao Artigo 11, Apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros/as, por obtención doutras fontes, etc.) conlevará a calificación de SUSPENSO con 0 puntos nesa convocatoria completa tanto para o grupo que presente material copiado como para o grupo que o facilitase.
40
Proba obxectiva A3 A4 B1 B3 Realización obrigatoria. Implica un tratamento global dos contidos abordados o longo da materia. Será eminentemente práctico para que o alumnado poida demostrar que adquiriu os coñecementos necesarios de abstracción e deseño, implementación e uso de TADs e adestrouse o suficiente nas habilidades requeridas pola materia.

Necesario obter unha nota mínima de 4,5 sobre 10 para superar a materia.
60
 
Observacións avaliación

Observación xeral.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao
estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Sobre a asistencia as clases de
prácticas.

A
non asistencia de forma reiterada, poderá conlevar unha penalización na nota segundo as
condicións específicas que se detallarán ao comezo do curso.

Sobre a responsabilidade
compartida dos traballos en grupo.

Nas
actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os
membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e
entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das
normas de autoría do mesmo.

Sobre a nota final de actas

No caso de que non se
cumplan as condicións para o cálculo conxunto da nota entre a proba final e as
prácticas (é dicir, se algunha das dúas é inferior a 4,5 sobre 10), nas actas
figurará a nota mínima entre 4,5 e a que resulte do cálculo conxunto.

Avaliación na segunda
oportunidade

A nota de exame ("Proba obxectiva") NON se mantén entre oportunidades.

A
nota global de "Prácticas de laboratorio" así como do bloque de “Solución de Problemas”
manteranse para a segunda oportunidade. Soamente as prácticas calificadas con
SUSPENSO ou NON PRESENTADO na primeira oportunidade poderán entregarse na
segunda oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña para elo.

En
consonancia coa normativa de avaliación da UDC, a cualificación derivada doutras
actividades desenvolvidas ao longo do curso como parte da avaliación continua
(prácticas introdutorias, seguimento de prácticas, probas en Grupos de Titoría Reducidos, etc.)
non serán recuperables para a segunda oportunidade.

En
canto aos criterios de avaliación, a segunda oportunidade manterá os mesmos que
a primeira.

Matrícula a tempo parcial

No
caso do estudantado con matrícula a tempo parcial elimínase a obligatoriedade
de asistencia ás clases de prácticas. Con todo, terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán durante
o curso. É responsabilidade destes/as estudantes poñer en coñecimento do/a profesor/a as súas circunstancias.

Oportunidade adiantada de
decembro

A
avaliación da oportunidade adiantada basearase exclusivamente nunha proba
escrita.