Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Na mención de Sistemas de Información, dentro do Bloque de Tecnoloxía Específica, inclúense tres asignaturas da Materia Empresa: Xestión de Procesos de Negocio, Sistemas de Información Empresarial e Sectores de Negocio.


Na mención de Enxeñaría do Software, dentro das materias optativas, inclúense tres asignaturas da Materia Empresa: Xestión de Procesos de Negocio, Sistemas de Información Empresarial e Sectores de Negocio.

Outras observacións:

1.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

4.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

5.- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

6.- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.