Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Os alumnos teñen a posibilidade de revisar a cualificación obtida en todas e cada una das probas que realicen ó longo do curso, comprobando que estas se axustan ós criterios de avaliación establecidos.

Así mesmo, xustificaranse as avaliacións das respostas ás cuestións e exercicios formulados durante o curso, coas indicacións adecuadas co fin de corrixir os erros e/ou mellorar as respostas con vistas a unha formación máis sólida.

Nas sesións en grupos reducidos, resólvense as dúbidas formuladas polos alumnos, en especial cando sexan comúns a varios deles ou ilustren un caso interesante. Se a cuestión é máis particular ou non queda plenamente resolta para algún alumno, trataríase nas horas de titoría individualizada.

Tódolos alumnos poden plantexar as súas dúbidas a través das plataformas oficiais da Universidade (Teams, Moodle).

Alumnos matriculados a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto, na medida do posible, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito alumno poida obter a mesma cualificación que un alumno de matrícula ordinaria.

Alumnos con necesidades de algunha adaptación curricular (ADI): Dependendo das particularidades de cada caso concreto, axustaranse, na medida do posible, tanto os materiais de traballo como as probas de avaliación.