Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra | Código | 614G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 B3 B6 C1 C6 | Ó longo do cuatrimestre realizanrase unhas probas de avaliación continua de cada un dos distintos temas onde se formularán preguntas sobre os conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares ós do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta así como a presentación con claridade da exposición realizada. Poderase valorar unha actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en grupos reducidos. A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico. |
30 |
Proba obxectiva | A1 B3 C1 | Ó final do cuatrimestre realizarase unha proba escrita que inclúe: - Preguntas curtas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos. - Problemas cun grao de dificultade semellante aos realizados na aula e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos. Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión dos mesmos e a súa aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos. A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua. A cualificación final (F) será calculada usando a cualificación da proba obxectiva (E) e a da avaliación continua (P) do seguinte modo: i) F= E+P no caso E>2.7 ii) F= mínimo (4.5 , E+P) no caso E<2.8 |
70 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e de previo acordo co profesorado encargado do grupo ó que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria. Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros. Na oportunidade adiantada a decembro, o exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia. |