Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A13 A14 B1 B2 B3 B4 C3 C6 Realización de exercicios prácticos baseados na programación en Java, na orientación a obxectos, o deseño de probas, a linguaxe de modelado UML e o uso de principios e patróns de deseño.

Se se detecta algún exercicio copiado nunha práctica, esta será anulada na súa totalidade (cualificación cero), tanto o orixinal como a copia.

É obrigatorio obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables.
33
Seminario A7 A13 A14 B1 B2 B3 B4 C3 C6 Os seminarios son sesións de carácter práctico dirixidas polo profesorado nas que se comentan aspectos útiles relacionados coas prácticas.

Os seminarios non inclúen a entrega de traballos por parte do alumnado, polo que non é unha actividade avaliable.
0
Proba obxectiva A7 A13 A14 B1 B3 C6 Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables.
67
 
Observacións avaliación

En caso de non chegar á nota mínima de 4 na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio, en calquera das oportunidades, implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia.

Considerarase "presentado" á asignatura:

  • Os que se presenten ao exame da proba obxectiva na 1ª oportunidade.
  • Os que se presenten ao exame da proba obxectiva da 2ª oportunidade ou presenten a práctica da 2ª oportunidade.

Aspectos a ter en conta para a avaliación de segunda oportunidade (xullo):

Aspectos xenerais (2ª Op.):

  • As porcentaxes son as mesmas que as da 1ª Oportunidade.
  • Tamén rexe a norma de obter un mínimo dun 4 na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
  • Se te presentas a algunha parte na 2ª oportunidade (proba obxectiva ou prácticas) anulas a nota da primeira nesa parte.
  • A nota da proba obxectiva e das prácticas de laboratorio da primeira oportunidade gardarse para a segunda oportunidade se son iguais ou superior a 4.

Prácticas de laboratorio (2ª Op.):

  • Establecerase un prazo para presentar unha práctica na 2ª oportunidade.

Aspectos a ter en conta en caso de matrícula a tempo parcial:

  • Elimínase a obrigatoriedade de asistir as actividades nas que se poida esixir presencialidade, salvo na proba obxectiva.