Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Bases de Datos Avanzadas | Código | 614G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición de contidos teóricos e exemplos prácticos. |
Solución de problemas | Plantexaránse problemas e discutiranse as solucións, fomentando a participación do alumnado. |
Lecturas | O profesorado indicará unha serie de lecturas específicas (normalmente capítulos ou seccións da bibliografía básica ou complementaria) para cada tema. É recomendable que o alumnado as lea antes das sesións maxistrais dese tema. |
Proba mixta | Proba que combina conceptos teóricos, prácticos e problemas. O formato decidirase no curso, podendo ser un exame escrito, unha proba Moodle ou entrega dun traballo. |
Prácticas de laboratorio | O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais. Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos. |
Traballos tutelados | Proporanse traballos que o alumnado terá que levar a cabo en grupos de 2 persoas. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso. |