Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A19 A25 A29 B1 B2 B3 B4 C3 Entregas de traballos de corte eminentemente práctico. 30
Prácticas de laboratorio A18 A19 A29 B1 B3 C3 A avaliación consistirá en probas ou entregas periódicas que se marcarán durante o curso. 30
Proba mixta A18 A29 B1 B3 Proba na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos. Poderá ser un exame escrito, unha entraga de traballo ou proba en Moodle.
40
 
Observacións avaliación


NON PRESENTADO

Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha parte.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. 

As partes ás que se poderá optar na recuperación especificaranse durante o curso.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de
algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira
oportunidade nesa parte. Se se presenta, a nota substituirá á da primeira oportunidade, sexa esta maior ou menor.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente
nunha proba ou entrega de traballo que computará o 100% da
calificación.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.