Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Software de Comunicacións | Código | 614G01034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A31 A34 B1 B3 C3 | A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado do traballo realizado polo alumno durante o curso e cunha defensa individual de cada unha das prácticas entregadas. |
30 |
Proba mixta | A31 A34 B1 B3 | Mediante unha proba escrita valorase o cooñecemento adquirido polo alumno ao longo do curso. Nesta proba escrita avaliaranse tanto os contidos explicados nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas. | 50 |
Traballos tutelados | A31 A34 B1 B3 C3 | Avaliarase a realización por parte do estudante dos exercicios propostos polo profesor. | 20 |
Observacións avaliación | |||
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: Para aprobar esta materia, os estudantes deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as notas obtidas nas diferentes partes da materia. Ademais, será preciso acadar un mínimo de 3 puntos sobre 10 na proba mixta final para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, unicamente se realizará a proba mixta. A nota de prácticas e de traballos tutelados será a obtida durante o curso mediante a avaliación continua do traballo do estudante. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial na modalidade de matriculación a tempo parcial. Os prazos de entrega e defensa para estes alumnos serán tamén flexibles ás necesidades do alumnado. Os traballos tutelados valoraranse únicamente nas sesións de seminarios de grupos reducidos (TGR). Detección de plaxios ou copia de traballos: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. |