Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A49 A52 A53 B7 C3 C6 C7 As achegas individuais e de Grupo Reducido valoraranse ata un máximo de 2 puntos en función da presentación, defensa e discusión personalizada en tutorías. 20
Prácticas de laboratorio A6 A47 A48 A54 B2 B5 B6 B8 Desenvolvésense dunha ou dúas prácticas, en función do avance medio do alumnado. A puntuación total do apartado é de 5 puntos, que se dividirán entre o número de prácticas expostas e o seu defensa e discusión en tutorías e en clase. 50
Proba mixta A47 A49 B1 B3 C7 Proba mixta que avaliará a adquisición de coñecementos teóricos e a capacidade para aplicalos. É necesario obter o 40% da nota para superar a materia. 30
 
Observacións avaliación

- A cualificación final será a suma das cualificacións obtidas en cada un dos apartados anteriormente descritos. A nota máxima será un catro cando a/o estudante non acade o 40% da valoración na proba mixta.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario