Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Administración de Redes | Código | 614G01048 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | B3 C6 | Ao final da exposición da materia, realizarase una proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados tanto nas sesións teóricas coma nas prácticas. | 50 |
Prácticas a través de TIC | B1 B3 C3 | As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas coa Administración de Redes. Levarase a cabo un exame de cada práctica para valorar o nivel de comprensión e traballo desenvolvido polo alumno. A avaliación realizarase de forma continua durante o cuadrimestre. Non haberá recuperación na segunda oportunidade. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para supera-la materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota final na proba obxectiva, na proba de ensaio e nas prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica). En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5. PRIMEIRA OPORTUNIDADE - CONVOCATORIA ORDINARIA A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante a presentación de catro memorias de prácticas relacionadas cos exercicios de laboratorio e terá un peso total do 20% da nota final. Realizarase tamén unha proba práctica que terá un peso do 30% sobre a nota final. Será preciso obter un mínimo dun 40% en prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica) para supera-la materia. O 40% da nota da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico. O 10% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba de ensaio, que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico. SEGUNDA OPORTUNIDADE - CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA Poderán conservar a nota obtida nas prácticas ou na proba obxectiva da primeira oportunidade sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ao 50% do seu peso na nota final. A avaliación das prácticas na segunda oportunidade levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da segunda oportunidade. O 40% da nota da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico. O 10% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba de ensaio, que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico. CONVOCATORIA ADIANTADA Poderán conserva-la nota obtida en prácticas, sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ó 50% do seu peso final. A avaliación das prácticas (50% da nota final) levarase a cabo mediante unha proba práctica. O 40% da nota da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico. O 10% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba de ensaio, que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario |