Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Programación Integrativa | Código | 614G01049 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral coa finalidade de transmitir conceptos e facilitar a aprendizaxe. Se usará a pizarra xunto con transparencias que amosen os conceptos fundamentais, así como unha serie de exemplos e figuras que axuden a clarificar os devanditos conceptos. As sesións maxistrais versarán sobre todos os contidos do temario, sendo o punto de partida para o resto das actividades previstas. |
Prácticas de laboratorio | Os alumnos deberán enfrontarse a unha serie de problemas plantexados polo profesor durante as sesións prácticas en ordenadores. Para a súa realización, o alumno contará coa tutela do profesor; outros exemplos realizados na clase; e a bibliografía recomendada. Ademáis, desenvolverá as prácticas guiadas para se familiarizar coas ferramentas vistas na clase e para resolver problemas específicos. A finalidade desta actividade será aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos. |
Traballos tutelados | Resolución dun caso de estudo de maior dificultade ca os realizados de forma guiada, estudando en maior profundidade unha aplicación específica directamente relacionada cos contidos da materia. Deberá facerse unha defensa do traballo realizado, resumindo as principais conclusións do mesmo. |
Proba mixta | Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver. |