Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B3 C6 Exame escrito que computa 4 puntos da nota final. Require un mínimo de 2 puntos para superar a materia. 40
Prácticas de laboratorio A28 B1 B3 C2 C3 C6 Entrega e defensa de traballos prácticos de laboratorio. Computa 6 puntos da nota final, 2 puntos por bloque de contidos da materia. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 60
 
Observacións avaliación

Na convocatoria de primeira oportunidade, en caso de non acadar o mínimo na proba obxectiva, a nota final será a obtida na proba obxectiva.

Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba obxectiva terá un peso do 80% nos casos nos que a avaliación
continua e de prácticas de laboratorio sume un total inferior
a 1 punto, a fin de garantir o dereito das/os estudantes a superar a materia.

De acordo coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo.

Así mesmo, segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria, a incorporación da perspectiva de xénero nesta materia aplicarase empregando unha linguaxe non sexista e propiciando a intervención durante as sesións maxistrais de alumnas e
alumnos de xeito equilibrado. Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Finalmente, caso de se detectaren situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.