Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada alumno pode propoñer de forma VOLUNTARIA un exemplo real de aplicación dos modelos de Deseño de Experimentos o de Regresión. O alumno debe de facer unha introdución ao problema e motivalo. Indicaranse os obxectivos xerais e específicos que se perseguen. Indicar de forma detallada como se realizará a mostraxe e describir a mostra con todo detalle. Unha análise estatística preliminar dos datos proporcionará as primeiras conclusións. 20
Sesión maxistral A1 A3 B1 Realizarase unha proba dos modelos de deseño de experimentos.
Facilítaselle aos alumnos unha mostra de datos aos que axustar un modelo de deseño de experimentos (pode ser un dos traballos presentados) e a partir desa mostra realizarase un exercicio (exame) de carácter aplicado no que se propoñen preguntas de tipo aplicado e curtas que o alumno responderá coa axuda do material docente e software estatístico.
40
Solución de problemas A1 A3 A29 A50 B1 B3 B4 B6 B9 C1 C3 Realizarase unha proba dos modelos de regresión. Facilitarase unha mostra de observacións multivariante e a partir deses datos realizarase un exercicio (exame) de carácter aplicado no que se propoñen preguntas de tipo aplicado e curtas que o alumno responderá coa axuda do material docente e software estatístico. As preguntas estarán relacionadas co axuste dun modelo de regresión múltiple aos datos e será similar aos realizados en clase.
As dúas probas (a de deseño de experimentos e a de modelos de regresión) realizaranse nunha única sesión.
40
 
Observacións avaliación

Avaliación da materia.  Consta de dous partes: unha práctica
individual, voluntaria e o exame.

Para aprobar a materia a cualificación final
debe ser CINCO ou superior.

Se o alumno non presenta a práctica
VOLUNTARIA, a cualificación da materia é a nota do exame.

Se o alumno presenta práctica VOLUNTARIA e a
nota da práctica é inferior a SEIS, a nota da práctica non inflúe na
cualificación final. Neste caso, a cualificación da materia é a nota do exame.

Se o alumno presenta práctica VOLUNTARIA e
obtense unha nota superior a SEIS, tense en conta na cualificación final da
materia. A valoración máxima da práctica na nota final é de DOUS puntos. Neste
caso, a cualificación da materia é igual á suma dos puntos da práctica (P) e a
nota do exame (sobre 10-P).

En calquera caso, para aprobar a materia hai
que obter polo menos un CATRO sobre 10 no exame, e un TRES sobre 10 na parte de
Deseño de Experimentos e un TRES sobre 10 na parte de Regresión.

Para os alumnos con matrícula a tempo
parcial, debido ao contido práctico e aplicado da materia, teñen a obrigación
de asistir a un número de clases superior a 15 horas. En caso de non poder
asistir comentalo co profesor da materia.

PLAXIO

En caso de plaxio, aplicarase o seguinte:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.