Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A37 B1 B3 C3 C6 As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. Ademáis poderán realizarse probas complementarias de avaliación contínua sobre os contidos específicos tratados nas prácticas. 50
Proba obxectiva A36 A37 A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 50
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia será requisito indispensable entregar todas as prácticas obrigatorias que se propoñan. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas e a proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar un mínimo dun 40% nas notas das prácticas e da proba obxectiva e un 50% no total.

SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORAS/ES
Conservarase durante un curso as prácticas obrigatorias que obteñan unha cualificación de APTA

MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
Os criterios de avaliación serán iguais aos do alumnado a tempo completo.

OUTROS
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC