Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A43 A44 B1 C6 C8 Asistencia e realización das prácticas. Compresión e análise crítica de cada unha delas. 30
Investigación (Proxecto de investigación) A43 A44 B1 B3 B9 C4 C6 C8 Realización do traballo de estudo, implementación e combinación de técnicas de visión artificial. 20
Proba mixta A43 A44 B1 B3 B9 Proba objetiva con diferentes supostos e cuestións que avaliarán a capacidade de compresión, razoamento e coñecementos do alumno na materia 50
 
Observacións avaliación

En cada unha das tres partes será obrigatorio alcanzar unha nota mínima para poder aprobar a materia:

  • Proba mixta (escrita): 40% da nota máxima neste apartado
  • Prácticas de laboratorio (defensa oral): 30% da nota máxima neste apartado
  • Traballo de investigación (defensa oral): 30% da nota máxima neste apartado

Se un alumno se presenta a calquera das partes avaliables propostas, considerarase PRESENTADO e, polo tanto, se non se presentase a algunha das outras partes a cualificación final sería de SUSPENSO.

Poderase-lle dar facilidades aos estudantes matriculados a tempo parcial, previa comunicación co profesor responsable.

“todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”