Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A46 B3 B6 B8 C5 C7 Exame sobre os conceptos comentados na clase. 40
Traballos tutelados A46 B3 B6 B8 C5 C7 Sesións de control e unha memoria na que se avaliará: formato, estrutura, redacción e contido 20
Prácticas de laboratorio A46 B3 B6 B8 C5 C7 Entrega dunha memoria cos resultados acadados e o proceso seguido. 40
 
Observacións avaliación

Para obter a cualificación de aprobado ou superior na materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. A cal será de 4 puntos sobre un máximo de 10.
O contido deste apartado é orientativo dependendo do carácter da materia. No primeiro día de clase os profesores comentarán como se realizará a avaliación.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.