Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de Desenvolvemento Software | Código | 614G01087 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nestas sesións presentaranse os contidos teóricos expostos ao longo dos temas da materia, enfocados principalmente á estimación de proxectos software |
Traballos tutelados | Trátase de sesións nas que o obxectivo é que o alumnado adquira determinadas competencias en base á resolución de exercicios, estudo de casos e realización de proxectos que requiran da aplicación dos coñecementos e competencias desenvolvidas durante a materia. Estas sesións poden requirir do alumnado a presentación oral da súa solución aos problemas formulados. Os traballos realizados polo alumnado poden realizarse, segundo o caso, de forma individual ou en grupos de traballo |
Prácticas de laboratorio | O profesorado da materia expón ao alumnado un problema ou problemas de carácter práctico cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia. O estudantado pode traballar na solución de forma individual ou en grupo |
Proba obxectiva | Exame que serve para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso |