Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A53 A55 B1 B3 C6 A avaliación das prácticas propostas polo profesorado realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre en función das actividades entregadas debidamente en tempo e forma. Ademais poderán realizarse probas complementarias de avaliación continua sobre os contidos específicos das prácticas nas que o alumnado debe demostrar a asimilación dos conceptos traballados nas sesións prácticas. 50
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame individual no período reservado no calendario académico para a avaliación da materia, o cal conterá preguntas relacionadas cós contidos teóricos do temario desenvolvidos durante as sesións maxistrais có obxectivo de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Para superar a materia na primeira oportunidade é necesario obter:

  • Un mínimo do 50% da puntuación máxima asignada ás prácticas.
  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta.
  • Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta e das prácticas, igual ou superior ao 50%.

No caso de incumprir algunha das condicións necesarias para superar a materia, a cualificación final nas actas será un Suspenso e a nota máxima que se poderá obter é 4,5.

Calquer/a estudante que non entregue ningunha das prácticas nin realice a proba mixta terá cualificación de NON PRESENTADO.

Segunda oportunidade

Só poderán presentarse os/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade.

As condicións necesarias para superar a materia na primeira oportunidade mantéñense na segunda coas seguintes consideracións:

  • A nota das partes que acadasen o mínimo establecido en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
  • Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas no caso de non ter obtido o mínimo establecido en primeira oportunidade.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO nesta oportunidade aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

Oportunidade adiantada

A avaliación consistirá exclusivamente nunha proba única que computará o 100% da cualificación e que conterá preguntas relacionadas cós contidos teóricos e prácticos da materia.

Repetidores

A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.

Observación adicionais

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.