Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 B1 B2 B4 C4 C6 Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso. Malia que as prácticas se realizarán en grupos, cabe diferenciar dous compoñentes na avaliación das prácticas:

- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación, colaboración e compenetración entre os seus integrantes.
- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta do/a estudiante ao grupo.

Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:

- Rigor na consecución dos obxectivos perseguidos usando as técnicas propostas.
- Asimilación dos conceptos presentados.
- Orixinalidade nas propostas.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto.
40
Proba obxectiva A27 A28 B1 B3 C6 Proba escrita dividida en dous bloques: cuestións teóricas e un problema de modelado. 40
Traballos tutelados A27 A28 B1 B3 B4 C3 C6 Valoraranse os seguintes aspectos:

- Dominio dos contidos dos traballos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
20
 
Observacións avaliación

Considerarase necesario que o estudantado demostre equilibrio no
seu rendemento na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
Así, esixirase a cada persoa que a súa cualificación en ambas partes supere o 50% do peso relativo como condición imprescindible para a superación da asignatura.

Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba escrita poderá ir acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas para aquelas persoas que non chegasen ao 50% na primeira oportunidade.

Dacordo coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta asignatura a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo, toda vez que estas terán lugar en todos os casos por vía telemática, e que todos os anuncios e información de relevancia relacionada con estas constará por escrito na web da asignatura.