|
Descrición |
Combinarase o método expositivo maxistral coas prácticas, nas que se conxurará o traballo autónomo e en grupo tutelado.
O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.
As clases de prácticas e TGRs dedicaranse a realizar as prácticas vinculadas ao temario exposto a través do método maxistral, manexando na medida do posible casos reais.
O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso baixo o asesoramento e supervisión do profesor.
As dúas prácticas serán expostas e defendidas diante do profesor e os alumnos a través dunha presentación oral destas.
En todo momento se fomentará a participación dos alumnos. |
|