Proba mixta |
B1 |
O exame final consistirá en realizar unha proba mixta teórico-práctica. |
60 |
Na data que estableza a facultade na súa programación anual, o alumno realizará o exame final da materia, no que terá que respostar a preguntas teóricas, resolver cuestións teórico-prácticas, e calcular a solución de diversos problemas; para esta proba o alumno só poderá levar consigo o material que se autorice de maneira expresa. Na segunda oportunidade, as notas obtidas por avaliación continua
(o control e as probas das prácticas de laboratorio) mantéñense e o
alumno só ten que repetir o exame final. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|