Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A11 A13 A15 B2 B3 B7 B8 Mediante unha proba escrita, valoraranse os coñecementos adquirido polo alumnado ao longo do curso. 40
Traballos tutelados A15 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C4 Avaliarase a correcta realización por parte do alumnado dos exercicios ou traballos propostos polo profesor. 20
Prácticas a través de TIC A11 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 C4 A avaliación será realizada a partir das prácticas entregadas polo alumnado e mediante un exame para valorar os coñecementos adquiridos nestas sesións prácticas. 40
 
Observacións avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 

Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as notas obtidas nas diferentes partes da materia. Ademais, será preciso acadar un mínimo de 2 puntos sobre 10 na proba mixta final para poder superar a materia.

Na segunda oportunidade en Xullo, os alumnos deberán avaliarse novamente da parte teórica da materia e das prácticas mediante a proba mixta e un exame final de prácticas. A parte de traballos tutelados non poderá ser recuperada por formar parte da avaliación continua da materia.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.