Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra | Código | 614G03001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 | Ao final do curso se realizará unha proba escrita que incluirá preguntas curtas de contidos teóricos básicos e problemas similares aos resoltos en clase. Puntuaranse, ademais da validez dos argumentos, o rigor, e a redacción do texto matemático, que ha de ser ordenado e preciso. A nota obtida neste apartado, E, contribuirá un 60% da nota final. Para aprobar a materia é necesario que E sexa maior que 2.25 puntos. A nota final da materia é a suma das notas L+P+E. Considerarase a materia superada cando L+P+E sexa maior ou igual a 5. |
60 |
Prácticas a través de TIC | B2 B3 B9 C3 | O/a alumno/a realizará unha serie de exercicios e códigos relacionados coa materia, principalmente empregando Python. Realizarase durante as sesións de problemas nas prácticas de laboratorio. A nota obtida neste apartado, P, contribuirá un 10% á nota final. |
10 |
Prácticas de laboratorio | A1 B2 B7 B9 | Ao longo do curso o alumno realizará, como máximo, tres entregas de traballos que se resolverán durante horas de clase. Consistirán na resolución de: cuestións curtas sobre contidos teóricos e problemas como os explicados nas prácticas de laboratorio. Puntuaranse, ademais da validez dos argumentos, o rigor, e a redacción do texto matemático, que ha de ser ordenado e preciso. Tamén se poderá valorar a actitude colaborativa do alumnado durante o desenvolvemento das prácticas. A nota obtida neste apartado, L, contribuirá un 30% da nota final. Será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico. |
30 |
Observacións avaliación | |||
-Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: previo acordo coa profesora da materia, axustaranse as probas da avaliación continua para que devandito estudante poida obter a mesma cualificación que en matrícula ordinaria. -Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: axustaranse as probas de avaliación dependendo das particularidades de cada caso. - Avaliación do alumnado no EAG: os alumnos que de forma voluntaria realícen os tests de seguimento semanais (véxase apartado Atención personalizada), optan a un bonus. Todos os aspectos reslacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa vixente da UDC. |