Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O alumno recibirá clases maxistrais nas que o profesor, coa axuda dos medios audiovisuais pertinentes, exporá os contidos teórico-prácticos da materia. Fomentarase en todo momento a participación e o debate.
Prácticas a través de TIC As prácticas impartiranse nun laboratorio de informática utilizando a linguaxe de programación R e o contorno estatístico. Grazas a esta metodoloxía, o alumno porá en práctica os coñecementos adquiridos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento das competencias necesarias.
Seminario Os seminarios reforzarán tanto o carácter aplicado da materia como a súa interactividade. O alumnado poderá expresar as súas dúbidas e inquietudes relacionadas coa materia, e terá a oportunidade de realizar, coa supervisión do profesor, problemas similares aos dos exames. Ademais, cunha atención moi individualizada, poderán completar as prácticas a través das TIC.
Proba mixta Esta proba avaliará o grao de adquisición de coñecementos e a capacidade de resolución de problemas no ámbito da probabilidade e da estatística.