Para resolver problemas, será importante atender persoalmente ao alumnado ante as posibles dúbidas que poidan xurdir. Esta atención tamén servirá, por unha banda, para que o profesor detecte posibles problemas na metodoloxía empregada para impartir a materia e, por outra, para que o alumnado consolide os coñecementos teóricos e exprese as súas inquedanzas sobre a materia.