Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 B2 B3 B5 B7 B9 C3 El examen final, con un valor entre el 50% y el 70% (dependiendo de la calificación obtenida en los controles parciales), consistirá en realizar una prueba escrita teórico-práctica. 50
Seminario A1 A2 B2 B3 B5 B7 B9 C3 Durante o cuadrimestre realizaranse probas escritas (controis parciais) para comprobar se o alumno está a acadar as competencias básicas desta materia. 20
Prácticas a través de TIC A1 A2 B2 B3 B5 B7 B9 C3 Para evaluar o grao de comprensión e aprendizaxe das prácticas se realizarán probas de avaliación ao longo do cuadrimestre en clases de laboratorio empregando o entorno estadístico R. 30
 
Observacións avaliación

O alumno rematará o período lectivo cun máximo do 50% da nota, que obterá a través dos controis parciais (20%) e das probas prácticas de avaliación mediante TIC (30%).

Na data que estableza a Facultade de Informática na súa programación anual, o alumno ou alumna realizará, por escrito, o exame final da materia (proba mixta), no que deberá responder cuestións teóricas, resolver cuestións teórico-prácticas, e calcular a solución de varios problemas. Para esta proba, o alumno só poderá levar consigo o material expresamente autorizado. A nota deste exame será reescalada para que o alumno teña a oportunidade de recuperar o 20% da nota correspondente aos controis parciais. Deste xeito, en función da puntuación obtida polo alumno nos controis escritos, a nota máxima do exame final será de entre 5 e 7 puntos.

Polo tanto, se P é a puntuación das prácticas (entre 0 e 10 puntos), C é a puntuación dos controis (entre 0 e 2 puntos) e F é a nota do exame final (entre 0 e 10 puntos), o A cualificación final da materia será: 3*P/10 + C + (7 - C)*F/10. Ademais, para superar a materia tamén será necesario obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 no exame final (F >= 3) e nas prácticas a través das TIC (P >= 3).

Na primeira oportunidade (en xuño), os estudantes a tempo parcial que non fosen avaliados previamente na parte de prácticas de laboratorio, poderán realizar unha proba específica o día do exame final para recuperar o 30% da nota correspondente á citada parte (o resto do alumnado non poderá recuperar a nota desta parte).

A segunda oportunidade (en xullo) estará suxeita aos mesmos criterios que a primeira oportunidade (en xuño). Os estudantes que aproveiten a segunda oportunidade poderán elixir entre manter a nota práctica a través das TIC ou volver examinar tamén esta parte.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.