Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Programación I | Código | 614G03006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A2 A3 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C6 | Durante as últimas semanas con prácticas do curso realizarase unha proba no laboratorio usando ordenadores que terá un valor máximo de 4 puntos sobre a nota total do curso. Será necesario que o programa para realizar polo alumno no laboratorio compile e execute de forma correcta e completa. | 40 |
Proba obxectiva | A2 A3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 | O EXAME FINAL, tanto na primeira convocatoria (xaneiro) como na segunda oportunidade (xuño/xullo) constará de varias preguntas ou exercicios que o alumno terá que desenvolver en código Phyton, e terá un valor de 6 puntos. | 60 |
Observacións avaliación | |||
A nota final virá dada pola nota obtida por AVALIACIÓN CONTINUA e a obtida no EXAME FINAL. O Exame Final constará de varias preguntas e problemas a codificar na linguaxe de programación empregado nas sesións prácticas. Para poder superar a materia será obrigatorio obter polo menos o 30% da cualificación do EXAME FINAL e ademais, alcanzar polo menos un 5 (sobre 10 puntos) tras sumar a nota do EXAME FINAL, coa cualificación obtida de AVALIACIÓN CONTINUA. Non Presentado: os estudantes que non participen no EXAME FINAL terán a cualificación de "Non Presentado". Para os alumnos que teñan matrícula a tempo parcial a asistencia as clases non é obrigatoria, pero si a asistencia a proba no laboratorio na data establecida para a avaliación da parte práctica de laboratorio. Durante a realización da proba, en calquera de ambas as oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba, hai indicio do uso non autorizado deses dispositivos, o estudante será expulsado da aula, e procederase segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC. A realización fraudulenta das probas e/o actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en todas as actividades para a seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan desde fóra da aula, procedendo segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC. |