Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Redes | Código | 614G03013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A4 A5 A6 B2 B5 B7 C3 | Avaliaranse as prácticas de laboratorio realizadas polo alumno ó longo do curso. A nota non se poderá recuperar. |
30 |
Proba obxectiva | A4 A5 A6 B2 B7 | Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia. En caso de obter menos dun 4 (sobre 10) no exame final de teoría, a asignatura considerarase suspensa e a nota final será a obtida no exame. Noutro caso, a nota final calcúlase a partires das notas de cada parte, proporcionalmente, e deberá ser igual ou superior a 5 (sobre 10) para aprobar a asignatura. |
60 |
Presentación oral | A4 B2 B5 B7 C3 | Realizaráse unha proba oral a derradeira semana de docencia do cuadrimestre, onde o alumnado deberá de expoñer os coñecementos adquiridos durante a elaboración das prácticas da asignatura. A nota non se poderá recuperar. |
10 |
Observacións avaliación | |||
As prácticas de laboratorio e a presentación oral son optativas e forman parte da avaliación continua da materia, polo que NON se poderán recuperar e as notas obtidas gardaránse tanto para a segunda oportunidade como para a convocatoria extraordinaria. NON se gardarán para cursos posteriores. Ós alumnos a tempo parcial facilitaráselles a elección de horarios para prácticas. A asistencia a clase non é requisito para aprobar a materia, aínda que si é recomendable. Para obter a puntuación relativa ás prácticas de laboratorio e á presentación oral é obrigatorio asistir ás probas de avaliación/presentación. Na proba obxectiva poderá haber preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio. Para superar a materia deberáse obter polo menos un 5 sobre 10 na suma de tódalas partes da materia (Prácticas de laboratorio + presentación oral + proba obxectiva) e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba obxectiva. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexerase de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |