Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B3 B10 O alumnado debe elaborar e entregar proxectos de análise de datos sobre problemas reais aplicando as técnicas de aprendizaxe automática aprendidas na materia. Os proxectos deberán ir acompañados dunha memoria explicativa da solución proposta e xustificación das decisións de deseño adoptadas. 50
Proba obxectiva B2 B3 B5 B8 B9 Proba de coñecementos teóricos e resolución de problemas prácticos para avaliar a adquisición de coñecementos e competencias por parte do alumno. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 puntos na proba obxectiva.
  • Acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos nos traballos tutelados.
  • Acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 ao calcular a media ponderada das cualificacións da proba obxectiva e dos traballos tutelados.

De non acadarse esta cualificación mínima nalgún destes apartados, a nota da materia será a máis baixa obtida entre a proba obxectiva e o traballo dirixido.

Un alumno/a considerarase presentado nunha convocatoria se realiza a proba obxectiva.

Os traballos supervisados deberán entregarse nas datas sinaladas. Unha entrega tardía dará lugar a un 0 nesa proba. Os traballos presentados deberán ser orixinais para o alumno A entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (xa sexa por copias entre compañeiros ou mediante a obtención doutras fontes) levará unha nota global de SUSPÊNSO na convocatoria correspondente, tanto para o alumno que presente material copiado así como a quen o facilitou, invalidando calquera outra cualificación obtida nas actividades avaliables.

Sobre a responsabilidade compartida do traballo en grupo:

Nas actividades realizadas en grupo, como o traballo tutelado, todos os membros do grupo serán solidariamente responsables do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría deste. 

Segunda oportunidade:

Na segunda oportunidade mantense a cualificación obtida no traballo tutelado. Aqueles alumnos que teñan que aproveitar esta oportunidade deberán realizar a proba obxectiva cos mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade. Opcionalmente, no que respecta ás prácticas, habilitarase unha entrega adicional para a entrega do traballo. A nota deste traballo substituirá á nota do traballo tutelado da primeira oportunidade. A entrega dun novo traballo implica a perda da califiación anterior independentemente de que fose superior.

Matrícula con exención académica:

Para o alumnado matriculado con exención académica, os traballos tutelados deberán entregarse nas datas establecidas. Correspóndelle aos devanditos alumnos informar ao profesor da súa circunstancia.