Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva B3 B7 B9 C3 Exame escrito 60
Prácticas de laboratorio B3 B7 B9 B10 C2 C3 Traballos de laboratorio 40
 
Observacións avaliación

A parte teórica da materia computa o 60% da nota. 

O 40% restante repártese entre as prácticas e calquera outra actividade de avaliación realizada ao longo do curso. Se as prácticas ou outras actividades se levan a cabo en grupos, todos os membros do grupo serán responsables solidariamente polo traballo realizado e entregado e as súa posibles consecuencias.

Para aprobar a materia é necesario aprobar todas e cada unha das seccións da avaliación. Para a Segunda Oportunidade, manteranse os resultados obtidos en cada sección da Primeira Oportunidade. No caso de que non se cumplan as condicións para aprobar, nas actas figurará a nota mínima entre 4,5 e a que resulte do cálculo conxunto.

No caso de estudantes a tempo parcial, a falta de asistencia xustificadas non serán penalizadas.

Os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.