Materias que se recomenda ter cursado previamente
Autómatas e Linguaxes Formais/614G03017
Fundamentos de Aprendizaxe Automática/614G03018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Interacción Intelixente/614G03041
Técnicas Avanzadas de Procesamento de Linguaxe Natural/614G03025

Observacións

Esta materia forma parte do Módulo de Linguaxe Natural do Grao en Intelixencia Artificial da UDC. Este módulo abrangue materias clave que se ocupan do estudo e desenvolvemento de sistemas capaces de procesar a linguaxe humana.

En primeiro lugar, a materia Fundamentos de Procesamento da Linguaxe Natural introduce ao alumno no campo tecnolóxico do mesmo nome, campo que aplica tecnoloxías de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e modelos estatísticos para construír sistemas computacionais capaces de procesar información expresada en linguaxe humana, como é a gran maioría da información dispoñible en Internet.

Sobre eses fundamentos, a materia Técnicas Avanzadas de Procesamento de Linguaxe Natural avanza nas técnicas, métodos e ferramentas que definen o estado da cuestión no tratamento automático da lingua, constituído por aqueles baseados en aprendizaxe profunda e que tratan aspectos multilingües e translingües, así como aplicacións tales como a análise do sentimento, a procura de respostas ou a tradución automática.

Na materia Interación Intelixente preséntanse aspectos avanzados da comunicación entre persoas e ordenadores que van desde a comprensión da estrutura argumental nun texto ata o tratamento da interacción multimodal mediante o recoñecemento de xestos e expresións faciais, entre outros.

Fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.  Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.