Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Utilízase nas clases presenciais teóricas para expor o núcleo básico de coñecementos que logo os alumnos terán que saber utilizar e ampliar nas prácticas e o traballo tutelado.
Estudo de casos A Enxeñaría de Coñecemento é unha disciplina que resulta difícil de comprender se non se potencia unha visión eminentemente práctica da materia. Neste método preséntase unha situación real e pídese aos alumnos que tomen e razoen as decisións oportunas. O exemplo utilizado corresponde a un Traballo Fin de Carreira de cursos anteriores, de forma que os alumnos poden coñecer a fondo o proxecto, executar o sistema, e consultar o material que desexen.
Prácticas de laboratorio Unha parte importante da nota do alumnado establécese a través dun traballo práctico en grupo, a realizar ao longo do cuadrimestre. Este traballo consiste en abordar o desenvolvemento dun Sistema baseado en Coñecemento para resolver un problema real, seguindo os pasos da metodoloxía CommonKADS.
Obradoiro A primeira sesión de docencia interactiva dedicarase a orientar aos estudantes na selección do tema da súa práctica. Para iso, presentaránselles exemplos de sistemas baseados en coñecemento e axudaráselles a elixir un tema adecuado de entre unha lista que eles terán que propor ao profesorado.
Proba mixta Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba sobre os contidos tratados ao longo do curso.
Presentación oral Ao longo do cuadrimestre cada grupo deberá entregar varios informes sobre a evolución do seu traballo tutelado de prácticas. Tras cada entrega, o grupo terá unha reunión co profesor para exporlle o traballo realizado. Os obxectivos fundamentais destas reunións son proporcionar ó alumnado rapidamente información acerca dos erros ou aspectos máis sobresalientes das súas prácticas, controlar o traballo de grupo e desenvolver a súa capacidade de síntese e exposición de coñecementos.