Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A2 A13 B2 B9 B10 C2 C3 C5 Valorarase a claridade da presentación, a participación no traballo de grupo e a comprensión dos documentos entregados correspondentes ao traballo tutelado.
É obrigatoria para poder aprobar os traballos tutelados e inflúe na cualificación final destes, pero non se puntúa á marxe da nota outorgada aos traballos tutelados.
0
Prácticas de laboratorio A2 A13 B2 B9 B10 C2 C3 C5 A PONDERACIÓN dos traballos correspondentes a este apartado será a seguinte:

1) Modelo de contexto ........................15%
2) Modelo de coñecemento...................70%
3) Modelo de comunicación...................5%
4) Esquema de Avaliación do sistema...10%

Se o número de horas reais de prácticas fose menor que as horas teóricas asignadas ao curso prescindirase da práctica "4) Esquema de Avaliación do sistema" e a ponderación sería a seguinte:

1) Modelo de contexto ........................20%
2) Modelo de coñecemento...................75%
3) Modelo de comunicación...................5%

Na valoración de cada apartado terase en conta:
1. O traballo activo e contínuo nas clases de prácticas
2. A CORRECCIÓN dos modelos realizados
3. O emprego correcto da metodoloxía no seu desenvolvemento.
4. A COMPLEXIDADE da práctica
5. A CLARIDADE na redacción dos documentos entregados.
6. A participación de todos os membros do grupo.

Constitúe o 50% da nota. Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 4,5 neste apartado.

O inicio de curso, por votación entre os estudantes se elixirá o mellor tema de prácticas de entre os propostos. O grupo gañador obterá 0,25 puntos que se sumarán á nota final de prácticas unha vez alcanzado nos anteriores apartados de prácticas o 4,5.
50
Proba mixta A2 A13 B2 B9 B10 C3 C5 Proba que se realiza ao final do cuadrimestre sobre o contido tratado nas clases teóricas.

Constitúe o 50% da nota. Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 4,5 neste apartado.
50
 
Observacións avaliación

OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA MATERIA

- A entrega das prácticas nas datas indicadas, a súa presentación, así como a asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a materia.

- Un/a estudante considerarase presentado/a nunha convocatoria se fai a entrega COMPLETA das prácticas ou se se presenta ao exame teórico.

- No caso de que non se cumplan as condicións para o cálculo da nota media entre a proba mixta é as prácticas, é decir, se algunha das dúas é inferior a 4,5, prevalecerá a nota da proba mixta como nota final nas actas.

- De acordo o artigo 11.4.b do Regulamento disciplinar do estudantado, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

- Todos os aspectos relacionados  con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC, que se atopa en https://www.udc.es/es/normativa/academica/

Avaliación na segunda oportunidade

- A nota das prácticas para as dúas oportunidades do curso será a obtida na primeira oportunidade de Xuño. Non haberá entrega de prácticas para a segunda oportunidade de Xullo, excepto para as prácticas suspensas.

- En canto os criterios de avaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos mesmos que a primeira.

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo.

Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumplimento das normas de autoría do mesmo.

Matrícula a tempo parcial

Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do/a estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.