Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Robótica Intelixente | Código | 614G03030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario | ||
|
Observacións | |
As recomendacións de materias previas e de continuación son só suxestións, pero non son imprescindibles nin moito menos, xa que a materia é autocontenida. "Robótica Intelixente Aplicada" é directamente unha continuación. "Vehículos Autónomos" non deixa de ser un caso particular de robótica intelixente, co que tamén pode ser de interese. "Principios de Visión por Computador" pode ser interesante xa que as cámaras son os sensores máis complexos que pode ter un robot. Con todo, NON se asume que o alumnado cursase dita materia. Outros comentarios: - Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5 ("Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social") do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 3. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. - Fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |