Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 B7 B9 B10 C3 Proba obxetiva con diferentes supostos e cuestións que avaliarán a capacidade de compresión, razoamento e coñecementos do alumnado na materia 50
Investigación (Proxecto de investigación) B1 B2 B7 B9 B10 C3 Realización do traballo de estudo, implementación e combinación de técnicas de visión artificial. 30
Prácticas de laboratorio B1 B2 B7 B9 B10 C3 Asistencia Obligatoria e realización das prácticas. Compresión e análise crítica de cada unha delas. 20
 
Observacións avaliación

En cada unha das seguintes actividades avaliables será obrigatorio alcanzar unha nota mínima para poder aprobar a materia:

  • Proba mixta (escrita): 30% da nota máxima neste apartado
  • Prácticas de laboratorio (defensa oral): 30% da nota máxima neste apartado
  • Traballo de investigación (defensa oral): 30% da nota máxima neste apartado

O alumnado presentado a calquera das partes avaliables,
considerarase presentado na asignatura e, polo tanto, se non se presentase a algunha
das outras partes, resultando a cualificación destas en 0, non podería superar a asignatura debido ao mínimo esixido.

Poderase-lle dar facilidades aos estudantes matriculados a tempo parcial, previa comunicación co profesor responsable.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.