|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A1 |
Comprender os límites epistemolóxicos do estudo das migracións internacionais e a natureza esencialmente política que sostén a definición e identificación do fenómeno migratorio. |
| A2 |
Relativizar e valorar as intensidades observadas dos movementos migratorios, desde unha perspectiva comparativa e contextualizada histórica e culturalmente |
| A5 |
Comprender os argumentos filosóficos e xurídicos tras as distintas perspectivas sobre as migracións internacionais e as problemáticas sociais que xeran. |
| A10 |
Coñecer suficientemente os autores e traballos de maior relevancia académica e profesional |
| B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
| B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
| B7 |
Resolver problemas de forma efectiva |
| B10 |
Traballar de forma colaboradora |
| B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional |
| B13 |
Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións |
| C1 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
| C2 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras a fin de emprender, xestionar ou dirixir organizacións ou empresas do terceiro sector. |
| C3 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
| C5 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |