Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar as principales técnicas de investigación cuantitativa, con especial atención ao deseño de mostras a un nivel avanzado e ao deseño de enquisas persoais, telefónicas asistidas por ordenador e enquisas na Web utilizando programas informáticos específicos. |
A2 |
Manexo de programas informáticos aplicados á investigación social, así como de tecnoloxías dispoñibles da información e da comunicación. Capacidade de interpretar os resultados de programas de ordenador. |
A3 |
Coñecemento e uso de técnicas estatísticas de análise multivariable. |
A4 |
Capacidade de aplicar as principais técnicas da investigación cualitativa, con especial atención á produción de materiais cualitativos (enquisa, grupo de discusión, observación), así como á interpretación e análise dos devanditos materiais. |
A5 |
Coñecer as metodoloxías que están na base das formas de análise cualitativo (análise do discurso, grounded theory). |
A7 |
Capacidade de busca e coñecemento das principais fontes de datos secundarios e valoración crítica das limitacións e as posibilidades dos datos secundarios. |
A8 |
Coñecer a metodoloxía da Investigación Acción Participación (IAP) e deseñer e realizar proxectos de Investigación Participativa. |
A10 |
Capacidade de deseñar unha investigación de mercado partindo dun problema ou solicitude de información ´ad hoc´. Capacidade para plantexar o tipo de análise de datos axeitado aos obxectivos. |
B1 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas e entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares). |
B3 |
Ser capaz de concebir, deseñar ou poner en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema plantexado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
B6 |
Posuír e aplicar coñecementos teóricos e metodolóxicos que permitan ao estudante promover o cambio e a innovación. |
B7 |
Deseñar e realizar investigación en entornos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (tanto con metodoloxías cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares, etc.) para identificar problemas e necesidades. |
B9 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. |
B10 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |