Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 A7 A10 B1 B7 C3 C7 PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

O alumnado debe presentar catro traballos.
- Avaliación dun sitio web (AW)
- Desenvolvemento dun blog (BLG)
- Desenvolvemento dun mapa (MAP)
- Traballo ou proxecto TIC innovador no sector turístico (TIC)

As porcentaxes adxudicadas a cada traballo en relación coa nota global son as seguintes:

- AW: 0.3
- BLG: 0.2
- MAP: 0.4
- TIC: 0.1

Para superar a materia o alumnado debe cumprir estas tres condicións:

- A nota =(AWx0.3) + (BLGx0.2) + (MAPx0.4) + (TICx0.1) debe ser de polo menos 5.
- Deberanse entregar os 4 traballos.
- A nota de cada un dos traballos debe ser como mínimo de 4 (sobre 10). Se non se cumpre esta condición, a puntuación máxima global será, como máximo, de 4,5.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para pasar a materia na segunda oportunidade, deberán presentarse os mesmos catro traballos, coas mesmas porcentaxes na nota global.

Os traballos aprobados na primeira oportunidade quedan liberados e, polo tanto, só se deben entregar os que non se superaron.

Se na primeira oportunidade se obtivo entre un 4 e 4.9 nunha práctica, pode optar por entregar unha nova versión da práctica ou non. Se se entrega unha nova versión, a nota que se terá en conta será a da nova versión.
100
 
Observacións avaliación

Un estudante considérase NON PRESENTADO se non entrega ningunha das prácticas.


Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,“permanencia” e “fraude académica”  rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC
.