Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A10 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B7 B9 Realización de un test que recolle os contidos básicos dos procesos de planificación: estructura, metodoloxías, tipoloxías. O que se busca con este test é que o alumno manexe os conceptos que serán claves na elaboración posterior do seu exercicio de planificación 20
Estudo de casos A1 A2 A3 A6 B3 B5 B4 B6 B8 B10 B9 C3 C8 C9 Unha parte sustancial da materia será avaliada na redacción dun plan sobre un destino ou produto. Cada alumno elixirá un destino para elaborar un plan ao longo do curso para que cada parte das análises e metodoloxias propostas na clase teñan o seu reflexo nel, tanto á análise externa e interna como a proposta de estratexias y produtos. Nestos traballos será esencial tanto o traballo de campo como a aplicación de técnicas cuantitativas e cualitativas. 30
Presentación oral A5 A6 A10 A9 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C4 Realizarase e defenderá o traballo final sobre a elaboración dun plan. O obxectivo desta defensa é presentar os resultados finais do traballo e comentar as propostas desenvolvidas para o caso específico que escolleu o alumno. 30
Análise de fontes documentais B6 B7 B8 B10 B9 B11 C1 C3 C5 C4 Unha parte da materia será avaliada mediante o estudo e análise crítico de planes actualmente vixentes. Así por exemplo, estudaranse tanto o actual plan turístico español e o galego. O fin de este traballo e a análise dos procesos explicados na teoría na posta en práctica de un plan concreto. Aqueles alumnos extranxeiros poderan escoller plans do seu país de orixe para esta análise. 20
 
Observacións avaliación

A materia ten un carácter eminentemente práctico, polo tanto, realizarase a avaliación do traballo de planificación turística realizado polo alumno. Neste senso, pódese considerar unha avaliación continua, xa que as tarefas desenvolvidas serán monitoreadas periódicamente para comentar  progresos e dificultades. No caso dos alumnos presenciais, este seguimento farase directamente nos obradoiros donde o contacto será continuo. No caso dos alumnos a distancia o traballo ten carácter individual pero o seguimento farase por un contacto semanal tanto por vía telefónica como por skype donde plantexarnse tanto os avances no proxecto como as dúbidas. Neste último caso a defensa do proxecto farase por vía telemática.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”