Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión | Código | 615525005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado. Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral: 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 5. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado. 6. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 7. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 8. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE O curso poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de medidas orientadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán dirixirse aos servizos dispoñibles na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada cuadrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/LGTBIQ/); no seu defecto, co/a titor/a ADI da Facultade, NOTA ADICIONAL Adicionalmente, é aconsellable tener coñecementos básicos de socioloxía, economía e dereito. En particular, debes coñecer o papel das organizacións transnacionais (Banco Mundial, Nacións Unidas, Unión Europea). Tamén hai coñecementos básicos de matemáticas e estatística aplicadas á correcta interpretación, cálculo e xestión de bases de datos e indicadores. Recoméndase ter un nivel de inglés medio-alto para un acceso adecuado ás fontes de información. Así mesmo, requírese un nivel axeitado de uso das TIC. |