Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B9 B19 C2 C6 Na modalidade non-presencial, esta presentación oral canalizarase principalmente a través do Foro virtual (textual) e/ou Teams (interfaz en directo). Para máis información, véxase o apartado de "Metodoloxías" desta guía docente, así como o espazo da materia na plataforma do Campus Virtual. 25
Traballos tutelados B1 B2 B5 B7 B15 B17 B20 B21 C5 Descrición recollida en "Metodoloxías". *Débese consultar tamén a información completa sobre a avaliación do traballo no espazo da materia na plataforma do Campus Virtual. 75
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50% do total dos puntos correspondentes ás actividades de avaliación. Tanto na modalidade presencial como na non-presencial, cada actividade de avaliación ocupará a misma porcentaxe da nota final.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación
ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexiranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Tal e como se indica no apartado de "Metodoloxías", os/as estudantes que cursan a modalidade non-presencial
deste Mestrado terán titorías coa profesora ben vía correo
electrónico, ben mediante o Foro virtual, ou –de ser posíbel– a través
dun medio como "Teams" que permita conversar cara a cara. Así mesmo,
garantiranse mecanismos que permitan que este alumnado se identifíque
ante a profesora e que realice a súa "presentación oral"
(participación nas actividades de aprendizaxe) aproveitando os soportes
dixitais dispoñíbeis.

IMPORTANTE: En caso de cometer un plaxio, ou de realizar de xeito fraudulento as probas ou outras actividades de avaliación, a cualificación final será
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o/a estudante será
cualificado/a
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. De ser necesario, procederase a modificar
a súa
cualificación na acta da primeira ou da segunda oportunidade.

De xeito excepcional, o alumnado que nunca participou nas sesións (nin de aula, nin de Teams, nin no Foro de Moodle) realizará o traballo tutelado, que lle valerá o 75% da cualificación final, así como unha pequena proba oral que lle valerá o 25% da cualificación final. A proba realizarase telematicamente ou por teléfono, en formato de entrevista que durará uns 30 minutos, aproximadamente. Como alternativa á proba oral, a/o estudante en cuestión pode optar por realizar unha proba escrita de desenvolvemento, con material, cun límite de dúas horas para a súa realización por Teams.

Igualdade en perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria,
incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia: usarase linguaxe
non-sexista; utilizarase bibliografía de autoría de ambos sexos;
propiciarase a intervención igualitaria de alumnas e alumnos nas sesións
de aula; traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas; e influirase na contorna para modificar ditos
procesos discriminatorios e fomentar valores de respecto e igualdade,
dentificando posíbeis situacións de discriminación por razón de xénero e
propoñendo accións e medidas para corrixilas.

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa
académica”, “dedicación al estudio, “permanencia” e “fraude académico”
rexiranse dacordo coa normativa
académica vigente de la UDC
.