Ao ser unha materia obrigatoria, cursarana todos o alumno/as matriculados no máster. Os requisitos de acceso son os requisitos xerais de admisión no máster.
O alumnado deberá revisar periodicamente a plataforma virtual e consultar os documentos e actividades propostos.
A profesora comunicarase co alumnado a través da aula Virtual, do correo electrónico da UDC ou de Teams
A comunicación coa profesora deberase realizar mediante as canles institucionais da UDC, e utilizando o correo electrónico da universidade.
Nesta materia:
- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- De acordo coas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, débese incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, fomentarase a intervención en clase de todos os estudantes, etc. Farase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e incidirá na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, respectarase o dereito á identidade de xénero.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que, por motivos físicos, sensoriais, psíquicos ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
- Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.