Temas |
Subtemas |
1.- Teoría feminista e teoría crítica.
|
O paradigma feminista no pensamento filosófico e no pensamento social e político. O feminismo: tradición intelectual e movemento social. |
2.- SÉCULO XVIII: Ilustración e Modernidade.
|
Ilustración liberal e Ilustración radical. Ilustración patriarcal e Ilustración feminista. O paradigma da igualdade e a orixe da democracia moderna. O contrato sexual e a orixe do patriarcado contemporáneao. As obras de François Poullain de la Barre e de Mary Wollstonecraft. A vindicación feminista. |
3.- SÉCULO XIX. O movemento sufraxista e a ampliación da democracia. |
A conquista de dereitos civís e políticos. O movemento feminista como movemento de masas. O voto en EE.UU. e Europa. John Stuart Mill e A suxeción da muller. O feminismo en América Latina. |
4.- SÉCULO XX.O feminismo existencialista de Simone de Beauvoir. |
O segundo sexo. Unha proposta radical de igualdade. |
5.- O feminismo liberal de Betty Friedan |
A mística da feminidade. O feminismo reformista dos anos sesenta en EE.UU. |
6.- O feminismo radical dos anos setenta |
Maio do sesenta e oito europeo e a nova esquerda estadounidense. A política sexual de Kate Millett e o concepto de patriarcado. A dialéctica do sexo de Shulamith Firestone. A tiranía da falta de estruturas do movemento feminista: Jo Freeman. O feminismo cultural: heterosexualidade obrigatoria e existencia lesbiana en Adrienne Rich. Os feminismos en América Latina. |
7.- Os feminismos da diferenza |
Feminismo e psicoanálise en Francia. O pensamento da diferenza sexual da Libraría de Milán: Luisa Muraro. |
8.- Feminismo e posmodernidade |
A crise do suxeito político feminista. Aproximación á teoría queer: o pensamento de Judith Butler. |
9.- Feminismo e multiculturalismo. |
Feminismos de cor: Gloria Anzaldúa e Cherry Moraga. “De vuelta a ‘Bajo los ojos de occidente’”, de Chandra Talpade Mohanty. Feminismo decolonial: Rita Segato. |
10.- Feminismo e nacionalismo en Galicia. |
Entre a teoría e a política. |
11.- Feminismo e marxismo. |
As primeiras marxistas e a “cuestión da muller”. As teorías do sistema dual. Marxismo e feminismos hoxe. Globalización, feminización da pobreza e capitalismo global. |