Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha persoa moderadora, na que se aplicarán os contidos traballados nas lecturas e nas sesións maxistrais.
Obradoiro Trátase de sesións prácticas interactivas que apoian aos estudantes para a elaboración de informes analíticos sobre temas relacionados cos contenidos da asignatura. En estas sesións realizaranse prácticas aplicadas para o deseño e avaliación de políticas públicas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un ou unha docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Nestas sesións se traballará o tema inicialmente, para poder profundizar no mesmo a través das lecturas.