Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A4 A25 A26 B2 B7 B13 B18 C1 C6 Realización de actividades prácticas na aula. Realizarase un exercicio práctico correspondente a cada tema, segundo o material explicado. Cada práctica terá un valor máximo de 0,5 puntos. Nota práctica máxima: 2 puntos. 20
Sesión maxistral A2 A4 A5 A21 A23 A24 B4 B14 C5 Ensaio crítico sobre as lecturas obrigatorias do programa. Debe partir dunha pregunta inicial elixida pola persoa estudante que se formulará ao comezo da redacción e sobre a que reflexionará nas lecturas. As lecturas dispoñibles para a realización do traballo inclúense en cada un dos temas baixo a denominación de "Obrigatorio". Extensión máxima: 3.000 palabras. Nota teórica máxima: 8 puntos. 80
 
Observacións avaliación

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.

 Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexiranse dacordo coa normativa académica vigente da UDC