Investigación (Proxecto de investigación) |
O alumnado levará a cabo unha investigación grupal que consista no deseño dunha investigación, e centrarase na aplicación de ferramentas e técnicas de análisis para a diagnosis dunha realidade social. Despois dunha primeira fase de identificación do tema/problemática e as técnicas a emplear, que se fará na asignatura de "Deseño de proxectos e traballos de investigacion", na materia "Taller de Actualización e Transferencia" levarase a cabo a investigación complementándoo co feito previamente. Trátase dun traballo acompañado e dirixido que realizarase en gran parte na aula.
|
Aprendizaxe servizo |
Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende a traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
En colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, no curso 23-24, os proxectos da asignatura terán como fío condutor a reivindicación dun hábitat digno e coidador. Tomando o barrio de Agra de Orzán como contexto sobre o que investigar, os grupos de estudantes deseñarán os seus proxectos sobre temáticas relacionadas, realizarán un diagnóstico participativo en colaboración coa veciñanza, e idearán propostas transformadoras que faciliten os coidados no espazo urbano.
|
Presentación oral |
A presentación oral e exposición e argumentación dos traballos realizados é unha parte básica e moi importante do proceso formativo. Polo tanto, o alumnado ao finalizar a asignatura realizará unha breve exposición do traballo realizado, resaltando as partes máis importantes e significativas da exposición realizada. |