Metodoloxías Descrición
Presentación oral A presentación oral e exposición e argumentación dos traballos realizados é unha parte básica e moi importante do proceso formativo. Polo tanto, o alumnado o finalizar a asignatura realizará unha breve exposición do traballo realizado, resaltando as partes máis importantes e significativas da exposición realizada.
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado levará a cabo unha invesitgación grupal que consista no deseño dunha investigación, e centrarase na aplicación de ferramentas e técnicas de análisis para a diagnosis dunha realidade social.
Despois dunha primeira fase de identificación do tema/problemática e as técnicas a emplear, que se fará na asignatura de "Deseño de proxectos e traballos de investigacion", nesta asignatura levarase a cabo a investigación complementándoo co feito previamente.
Trátase dun traballo acompañado e dirixido que realizarase en gran parte na aula.
Análise de fontes documentais Trátase dunha técnica metodolóxica (revisión de bibliografía, fontes de datos, etc.) que empregarán para a realización do traballo, tanto para a contextualización como para a propia investigación e posta en marcha do proxecto. Axudará a diagnosis, como instrumento e como explicación de procesos.