Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC Outras recomendacións:
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos
os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas,
e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
8. Recoméndase a asistencia ás clases maxistrais e aos
obradoiros para poder facer un seguimento axeitado da materia e realizar as
prácticas e traballos tutelados. |