Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
C2. Coñecer ao detalle os fundamentos teóricos e prácticos da investigación-acción participativa e do uso avanzado da investigación social para a intervención no ámbito público e privado. |
A3 |
C3. Coñecer de forma detallada os fundamentos teóricos e prácticos das técnicas prospectivas e o uso avanzado das mesmas para emitir conclusións fundamentadas na evolución futura de retos sociais, económicos e políticos complexos e de alta incerteza. |
A4 |
C4. Coñecer, comparar e combinar de forma creativa e nova as principais paradigmas e deseños de investigación (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa), recollendo os principais avances recentes en cada deseño. |
A6 |
C6. Manexar os fundamentos teóricos e científicos necesarios para levar a cabo unha investigación social de tipo cuantitativo e cualitativo empregando ferramentas tecnolóxicas avanzadas (R). |
A7 |
C7. Recoñecer as distintas opcións de presentación e visualización de resultados de investigación e a súa fundamentación metodolóxica para transmitir de forma clara os resultados da investigación aos distintos públicos. |
A10 |
C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social. |
A11 |
H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos. |
A12 |
H2 Adoptar as medidas adecuadas para a preservación dos principios éticos fundamentais e avanzados da investigación social, así como para a protección adecuada dos datos recompilados. |
A14 |
H4 Transmitir os resultados dunha investigación básica e aplicada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan, de modo claro e sen ambigüidades atendendo á diversidade de contextos, públicos e necesidades, usando distintas opcións de presentación e visualización. |
A15 |
H5 Levar a cabo unha investigación de tipo cualitativo e cuantitativo en R. |
A16 |
H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado. |
A17 |
H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo. |
A19 |
H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación. |
A20 |
CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas. |
A24 |
CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais. |
A26 |
CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social. |