Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Estatística Avanzada | Código | 615545007d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Código | Competencias / Resultados do título |
A14 | H4 Transmitir os resultados dunha investigación básica e aplicada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan, de modo claro e sen ambigüidades atendendo á diversidade de contextos, públicos e necesidades, usando distintas opcións de presentación e visualización. |
A16 | H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado. |
A17 | H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo. |
A20 | CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas. |
A24 | CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais. |
A25 | CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada. |
A26 | CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social. |